jueves, 14 de junio de 2018

Exames do curso - Actualización


Actualización 26/06/2018: para os que teñades a materia pendente para setembro, recordar que pode preguntarse calquera contido do curso, pero recomendo fortemente centrar o estudo nas seguintes cuestións.


1º AVALIACIÓN

1.- ¿Que fin perseguían os Reis Católicos ó buscar a unidade relixiosa?, ¿que medidas utilizaron para conseguila? (1,5 ptos)

2.- Indica as principais causas dos descubrimentos xeográficos no inicio da Idade Moderna (2 ptos)

3.- Nomea os principais escultores e pintores do Renacemento sinalando a etapa á que pertencen e polo menos unha das súas obras (2 ptos)

4.- Define: tratado de Alcaçovas, nicolaísmo, indulxencia, antropocentrismo, unión dinástica, Bramante (2,5 ptos)

5.- Indica os feitos máis relevantes do reinado dos Reis Católicos (2 ptos)



1.- Indica as dúas principais etapas da conquista de América e cales foron os seus principais protagonistas (1,5 ptos)

2.- Indica os principais órganos de goberno e administración de América (1 pto)

3.- Indica as diferentes etapas da obra do Greco, con exemplos de cada unha delas. Identifica as dúas obras proxectadas na pantalla (2.5 ptos)

4.- Define: el Escorial, capitulacións de Santa Fe, Século de Ouro, Leonardo da Vinci, Renacemento,  (3 ptos)

5.- Indica as etapas da arquitectura renacentista en España, con exemplos de cada unha (2 ptos)



2ª AVALIACIÓN



1.- Explica a lei da oferta e a demanda e pon un exemplo do seu funcionamento (1,5 ptos)

2.- Explica as dúas grandes ideoloxías dentro do capitalismo (1,25 ptos)

3.- Identifica e indica as función e obxectivos dos axentes económicos (1,75 ptos)

4.- Define: BRICS, sector secundario, globalización, “A vocación de San Mateo”, “Éxtase de Santa Teresa” (2,5 ptos)

5.- Indica as diferentes etapas da obra de Velázquez, citando polo menos unha obra e unha características de cada unha delas. Ademais, sitúa na súa etapa correspondente as dúas obras mostradas en pantalla (3 ptos)



1.- Que tipos de poboamento existen nas paisaxes agrarias?, descríbeos (1,25 ptos)

2.- Como afectan os diferentes factores físicos á agricultura? (1,5 ptos)

3.- Indica as diferentes clasificación que se poden facer dos sistemas de cultivo (1,25 ptos)

4.- Define: gandería trashumante, espazo agrario, agricultura sedentaria de secaño, factores de produción, sector secundario, pesca de baixura (3 ptos)

5.- Describe as fontes de enerxía tradicionais, os seus principais produtores e os seus principais problemas (3 ptos)



3ª AVALIACIÓN



1.- Explica as vantaxes e inconvenientes do transporte por ferrocarril e marítimo (1,5 ptos)

2.- Indica as principais modalidades turísticas e descríbeas brevemente (1,5 ptos)

3.- Describe os factores que provocaron a revolución comercial a partir dos anos 80 (1,25 pto)

4.- Define: servizos banais, consello europeo, banana azul, déficit comercial, turismo sostible (3 ptos)

5.- Indica os países membros da Unión Europea e o seu ano de incorporación (1,75 ptos)

6.- Define PAC e explica os seus obxectivos (1 pto)



1.- Explica as principais características do Estado español segundo a constitución de 1978 (1 pto)

2.- Localiza, describe e indica os principais aproveitamentos da paisaxe agraria oceánica, mediterránea e de Canarias (2 ptos)

3.- Indica os diferentes tipos de turismo que existen en Galicia (1 pto)

4.- Define: poder lexislativo, turismo cultural, déficit enerxético, IDH, deforestación, PIB (3 ptos)

5.- Explica que é o quentamento global e por que se produce (1,5 ptos)

6.- Explica brevemente as causas internas e externas das diferencias no desenvolvemento (1,5 ptos)

lunes, 28 de mayo de 2018

Correción tarefas





Tarefas páxinas 240-254



1.- Describe moi brevemente o cambio no impacto ambiental do ser humano ó longo da historia

Páxina 240, punto 1.1, 1.2 e 1.3. Identificar os tres tipos de sociedades (cazadoras-recolectoras no Paleolítico, agrarias no neolítico e industriais a partires do século XIX), indicando que as dúas primeiras non tiveron impacto significativo no medio ambiente, mentres que a sociedade industrial si provocou graves problemas ambientais.



2.- Describe os problemas do solo e a que tipo de países afectan en maior medida

Erosión: desgaste do solo provocado por deforestación e prácticas agrícolas indebidas. Afecta a todo tipo de países.
Desertificación: perda da capa fértil do solo. Provocada por erosión moi grave e falta de auga. Afecta a todo tipo de países, pero en maior medida os subdesenvolvidos.
Contaminación do solo: vertido de substancias químicas nocivas procedentes da agricultura e a industria. Máis grave en países subdesenvolvidos por ausencia de lexislación ambiental e por ser usados como vertedeiros dos países ricos.



3.- Explica que é o quentamento global e por que se produce

O efecto invernadoiro prodúcese debido a que o CO2 e outros gases expulsados á atmosfera polas industrias e algúns medios de transporte forman unha capa artificial que retén a calor emitida pola terra ó ser quentada polo sol. Polo tanto, esa calor, que normalmente se expulsaría fora da atmosfera terrestre, se queda dentro, e provoca que as temperaturas aumenten gradualmente, provocando cambios no clima e no ecosistema, coma o incremento das secas e o aumento do nivel do mar pola fusión do xeo polar.



4.- Explica que é e que consecuencias ten a deforestación

É a desaparición da cuberta vexetal, debido as queimas e cortas masivas de árbores. Provoca o aumento de dióxido de carbono na atmosfera, diminúe a humidade, incrementa a erosión e provoca a extinción de especies animais e vexetais.



5.- Cita catro parques nacionais españois e  tres parques naturais e un monumento natural galegos

Información no mapa da páxina 253 (parques nacionais) e na páxina 254 (parques naturais e monumentos naturais galegos)




Tarefas páxinas 262-281



1.- Explica como se calcula o Índice de Desenvolvemento Humano e que mostra



Combina o dato de PIB por habitante (riqueza do país) con datos educativos (alfabetización, anos de educación obrigatoria...) e a esperanza de vida dentro de un país. Mostra a calidade de vida dentro dun país, e é máis completo que o PIB por si só. Por exemplo, un país moi desigual, con a maior parte da poboación na pobreza pero uns poucos moi ricos pode ter un PIB medio. Sen embargo, o seu IDH será máis baixo e mostrará unha imaxe máis real.






2.- De acordo cos mapas das páxinas 264 e 265, cita os principais problemas de EEUU, Marrocos, Rusia, India e España

EEUU: pegada ecolóxica moi alta, impacto moi negativo no medio ambiente
Marrocos: baixa taxa de alfabetización, poucos médicos por habitante, liberdades limitadas
Rusia: graves carencias de liberdades, goberno autoritario
India:parte da poboación subalimentada, escasa alfabetización, falta de médicos e auga potable
España: Pegada ecolóxica media



3.- Explica as diferencias nos catro aspectos fundamentais entre países de desenvolvemento alto, baixo e emerxente




PAÍSES ALTO DESENVOLVEMENTO PAÍSES BAIXO DESENVOLVEMENTO PAÍSES DESENVOLVEMENTO EMERXENTE
PIB PER CÁPITA Elevado, con economía baseada nas TIC e alto consumo Reducido, con economía agraria e baixo consumo Reducido, pero con capacidade de consumo moderado
CLASE MEDIA Moi estendida, con acceso amplo a educación e sanidade Case inexistente; minoría moi rica e o resto sen nada Crecendo, pero aínda reducida
SISTEMAS POLÍTICOS Democracias consolidadas Ditaduras na maioría dos casos Democracias recentes e as veces limitadas
PEGADA ECOLÓXICA Alta, pero con crecente preocupación medioambiental Baixa Crecente polo crecemento acelerado





4.- Explica brevemente as causas internas e externas das diferencias no desenvolvemento



Causas internas do subdesenvolvemento:
- Condicións naturais: os climas dos países subdesenvolvidos son as veces extremos ou con frecuencia de catástrofes
- Falta de recursos: sen capital, man de obra educada, tecnoloxía
- Crecemento da poboación por encima do crecemento dos recursos
- Inestabilidade política: guerras, golpes de estado, corrupción...
Non son regras ríxidas: hai países con clima extremo ricos e viceversa, por exemplo

Causas externas do subdesenvolvemento:
 - Colonización: moitos países foron dominados por décadas por grandes potencias, que limitaron o seu desenvolvemento económico por razóns egoístas
- Débeda externa: os países subdesenvolvidos necesitas pedir cartos prestados. Os custos de devolvelos impiden as inversións necesarias para mellorar a economía



5.- Sinala as diferentes rexións europeas dende un punto de vista socioeconómico, e cita rexións especialmente pouco desenvolvidas (mapa páxina 273)

Punto 5.2 e o mapa da páxina 272. Definir o Pentágono, arco alpino, arco mediterráneo. O resto son rexións menos dinámicas



6.- De acordo cos gráficos da páxina 274, explica as diferentes discriminacións que  sufre a muller

- Brecha de xénero no emprego (máis paro entre mulleres que entre homes), salario (menos cartos para as mulleres por traballar), na repartición de tarefas (as mulleres dedican moito máis tempo) e no acceso a altos cargos (moitos máis homes que mulleres)



7.- Cales son as tres comunidades máis avanzadas economicamente en España? e as tres menos avanzadas?. Razoa a túa resposta

Gráficos páxina 275. 
Máis avanzadas (menor paro, menos risco de pobreza, maior PIB): Madrid, País Vasco, Navarra. 
Menos avanzadas (maior paro, máis risco de pobreza, menor PIB):Extremadura, Andalucía, Castela-A Mancha (pode aceptarse tamén Murcia o Canarias)










viernes, 25 de mayo de 2018

Tarefas páxinas 240-254

1.- Describe moi brevemente o cambio no impacto ambiental do ser humano ó longo da historia

2.- Describe os problemas do solo e a que tipo de países afectan en maior medida

3.- Explica que é o quentamento global e por que se produce

4.- Explica que é e que consecuencias ten a deforestación

5.- Cita catro parques nacionais españois e  tres parques naturais e un monumento natural galegos

lunes, 14 de mayo de 2018

Tarefas páxinas 262-281

1.- Explica como se calcula o Indice de Desenvolvemento Humano e que mostra

2.- De acordo cos mapas das páxinas 264 e 265, cita os principais problemas de EEUU, Marrocos, Rusia, India e España

3.- Explica as diferencias nos catro aspectos fundamentais entre países de desenvolvemento alto, baixo e emerxente

4.- Explica brevemente as causas internas e externas das diferencias no desenvolvemento

5.- Sinala as diferentes rexións europeas dende un punto de vista socioeconómico, e cita rexións especialmente pouco desenvolvidas (mapa páxina 273)

6.- De acordo cos gráficos da páxina 274, explica as diferentes discriminacións que  sufre a muller

7.- Cales son as tres comunidades máis avanzadas económicamente en España? e as tres menos avanzadas?. Razoa a túa resposta

lunes, 7 de mayo de 2018

Tarefas páxinas 210-233

1.- Explica as principais características do Estado español segundo a constitución de 1978

2.- Explica cales son os diferentes poderes do Estado, en que consisten e quen os exerce

3.- Indica as diferentes divisións do territorio que teñen importancia pàra a administración local, e en que consiste cada unha delas

4.- Localiza, describe e indica os principais aproveitamentos da paisaxe agraria oceánica, mediterránea e de Canarias

5.- Localiza cinco caladoiros internacionais de barcos galegos e indica as especies que se pescan neles

6.- De acordo cos gráficos da páxina 220, xustifica se España ten autoabastecemento enerxético ou non, e explica as consecuencias

7.- Describe os diferentes tipos de sectores industriais en España

8.- Describe a distribución espacial das áreas industriais españolas

9.- Cita e localiza as sete industrias galegas que consideres máis importantes

10.- Investiga cantos aeroportos operativos existen en España na actualidade, e xustifica cantos deles non serían necesarios

11.- De acordo co mapa da páxina 231, describe a localización das áreas turísticas españolas de densidade alta e media e indica a modalidade de turismo predominante en cada unha delas

12.- Indica os diferentes tipos de turismo que existen en Galicia

13.- De acordo co gráfico da páxina 232, como se pode definir a balanza comercial galega?, en que tipos de produtos presenta un superávit e un déficit claro?

14.- Describe o sistema de transportes galego