lunes, 9 de abril de 2018

Tarefas páxinas 194 - 202

1.- Indica os países membros da Unión Europea e o seu ano de incorporación

2.- Describe brevemente as funcións das cinco institucións máis importantes da UE

3.- Describe os principais problemas da poboación activa europea

4.- Describe as tres principais áreas agrarias europeas

5.- Define PAC e PPC e explica os seus obxectivos

6.- Describe as tres principais áreas industriais europeas e indica de cada unha delas polo menos tres rexións e dúas fontes de enerxía presentes nas mesmas (mapa páxina 201)

7.- De acordo cos gráficos da páxina 202, responde as seguintes preguntas:
  • En que tipos de produtos ten a UE superávit?; e déficit?
  • Por que crees que a UE ten un déficit comercial coa CEI (Rusia), Oriente Próximo e África?
  • E por que o terá co resto de Asia?
8.- Indica os principais portos e aeroportos de Europa, e os principais países destinatarios do turismo

domingo, 8 de abril de 2018

Tarefas páxinas 182 - 187


1.- Describe os elementos do comercio

2.- Describe os factores que provocaron a revolución comercial a partir dos anos 80

3.- Indica as características dos diferentes tipos de establecementos comerciais

4.- Describe as principais áreas do comercio internacional

5.- De acordo co mapa da páxina 187, indica as 10 principais rutas comerciais e a porcentaxe do comercio mundial que representan