jueves, 14 de junio de 2018

Exames do curso - Actualización


Actualización 26/06/2018: para os que teñades a materia pendente para setembro, recordar que pode preguntarse calquera contido do curso, pero recomendo fortemente centrar o estudo nas seguintes cuestións.


1º AVALIACIÓN

1.- ¿Que fin perseguían os Reis Católicos ó buscar a unidade relixiosa?, ¿que medidas utilizaron para conseguila? (1,5 ptos)

2.- Indica as principais causas dos descubrimentos xeográficos no inicio da Idade Moderna (2 ptos)

3.- Nomea os principais escultores e pintores do Renacemento sinalando a etapa á que pertencen e polo menos unha das súas obras (2 ptos)

4.- Define: tratado de Alcaçovas, nicolaísmo, indulxencia, antropocentrismo, unión dinástica, Bramante (2,5 ptos)

5.- Indica os feitos máis relevantes do reinado dos Reis Católicos (2 ptos)



1.- Indica as dúas principais etapas da conquista de América e cales foron os seus principais protagonistas (1,5 ptos)

2.- Indica os principais órganos de goberno e administración de América (1 pto)

3.- Indica as diferentes etapas da obra do Greco, con exemplos de cada unha delas. Identifica as dúas obras proxectadas na pantalla (2.5 ptos)

4.- Define: el Escorial, capitulacións de Santa Fe, Século de Ouro, Leonardo da Vinci, Renacemento,  (3 ptos)

5.- Indica as etapas da arquitectura renacentista en España, con exemplos de cada unha (2 ptos)



2ª AVALIACIÓN



1.- Explica a lei da oferta e a demanda e pon un exemplo do seu funcionamento (1,5 ptos)

2.- Explica as dúas grandes ideoloxías dentro do capitalismo (1,25 ptos)

3.- Identifica e indica as función e obxectivos dos axentes económicos (1,75 ptos)

4.- Define: BRICS, sector secundario, globalización, “A vocación de San Mateo”, “Éxtase de Santa Teresa” (2,5 ptos)

5.- Indica as diferentes etapas da obra de Velázquez, citando polo menos unha obra e unha características de cada unha delas. Ademais, sitúa na súa etapa correspondente as dúas obras mostradas en pantalla (3 ptos)



1.- Que tipos de poboamento existen nas paisaxes agrarias?, descríbeos (1,25 ptos)

2.- Como afectan os diferentes factores físicos á agricultura? (1,5 ptos)

3.- Indica as diferentes clasificación que se poden facer dos sistemas de cultivo (1,25 ptos)

4.- Define: gandería trashumante, espazo agrario, agricultura sedentaria de secaño, factores de produción, sector secundario, pesca de baixura (3 ptos)

5.- Describe as fontes de enerxía tradicionais, os seus principais produtores e os seus principais problemas (3 ptos)



3ª AVALIACIÓN



1.- Explica as vantaxes e inconvenientes do transporte por ferrocarril e marítimo (1,5 ptos)

2.- Indica as principais modalidades turísticas e descríbeas brevemente (1,5 ptos)

3.- Describe os factores que provocaron a revolución comercial a partir dos anos 80 (1,25 pto)

4.- Define: servizos banais, consello europeo, banana azul, déficit comercial, turismo sostible (3 ptos)

5.- Indica os países membros da Unión Europea e o seu ano de incorporación (1,75 ptos)

6.- Define PAC e explica os seus obxectivos (1 pto)



1.- Explica as principais características do Estado español segundo a constitución de 1978 (1 pto)

2.- Localiza, describe e indica os principais aproveitamentos da paisaxe agraria oceánica, mediterránea e de Canarias (2 ptos)

3.- Indica os diferentes tipos de turismo que existen en Galicia (1 pto)

4.- Define: poder lexislativo, turismo cultural, déficit enerxético, IDH, deforestación, PIB (3 ptos)

5.- Explica que é o quentamento global e por que se produce (1,5 ptos)

6.- Explica brevemente as causas internas e externas das diferencias no desenvolvemento (1,5 ptos)

lunes, 28 de mayo de 2018

Correción tarefas





Tarefas páxinas 240-254



1.- Describe moi brevemente o cambio no impacto ambiental do ser humano ó longo da historia

Páxina 240, punto 1.1, 1.2 e 1.3. Identificar os tres tipos de sociedades (cazadoras-recolectoras no Paleolítico, agrarias no neolítico e industriais a partires do século XIX), indicando que as dúas primeiras non tiveron impacto significativo no medio ambiente, mentres que a sociedade industrial si provocou graves problemas ambientais.



2.- Describe os problemas do solo e a que tipo de países afectan en maior medida

Erosión: desgaste do solo provocado por deforestación e prácticas agrícolas indebidas. Afecta a todo tipo de países.
Desertificación: perda da capa fértil do solo. Provocada por erosión moi grave e falta de auga. Afecta a todo tipo de países, pero en maior medida os subdesenvolvidos.
Contaminación do solo: vertido de substancias químicas nocivas procedentes da agricultura e a industria. Máis grave en países subdesenvolvidos por ausencia de lexislación ambiental e por ser usados como vertedeiros dos países ricos.



3.- Explica que é o quentamento global e por que se produce

O efecto invernadoiro prodúcese debido a que o CO2 e outros gases expulsados á atmosfera polas industrias e algúns medios de transporte forman unha capa artificial que retén a calor emitida pola terra ó ser quentada polo sol. Polo tanto, esa calor, que normalmente se expulsaría fora da atmosfera terrestre, se queda dentro, e provoca que as temperaturas aumenten gradualmente, provocando cambios no clima e no ecosistema, coma o incremento das secas e o aumento do nivel do mar pola fusión do xeo polar.



4.- Explica que é e que consecuencias ten a deforestación

É a desaparición da cuberta vexetal, debido as queimas e cortas masivas de árbores. Provoca o aumento de dióxido de carbono na atmosfera, diminúe a humidade, incrementa a erosión e provoca a extinción de especies animais e vexetais.



5.- Cita catro parques nacionais españois e  tres parques naturais e un monumento natural galegos

Información no mapa da páxina 253 (parques nacionais) e na páxina 254 (parques naturais e monumentos naturais galegos)




Tarefas páxinas 262-281



1.- Explica como se calcula o Índice de Desenvolvemento Humano e que mostra



Combina o dato de PIB por habitante (riqueza do país) con datos educativos (alfabetización, anos de educación obrigatoria...) e a esperanza de vida dentro de un país. Mostra a calidade de vida dentro dun país, e é máis completo que o PIB por si só. Por exemplo, un país moi desigual, con a maior parte da poboación na pobreza pero uns poucos moi ricos pode ter un PIB medio. Sen embargo, o seu IDH será máis baixo e mostrará unha imaxe máis real.






2.- De acordo cos mapas das páxinas 264 e 265, cita os principais problemas de EEUU, Marrocos, Rusia, India e España

EEUU: pegada ecolóxica moi alta, impacto moi negativo no medio ambiente
Marrocos: baixa taxa de alfabetización, poucos médicos por habitante, liberdades limitadas
Rusia: graves carencias de liberdades, goberno autoritario
India:parte da poboación subalimentada, escasa alfabetización, falta de médicos e auga potable
España: Pegada ecolóxica media



3.- Explica as diferencias nos catro aspectos fundamentais entre países de desenvolvemento alto, baixo e emerxente




PAÍSES ALTO DESENVOLVEMENTO PAÍSES BAIXO DESENVOLVEMENTO PAÍSES DESENVOLVEMENTO EMERXENTE
PIB PER CÁPITA Elevado, con economía baseada nas TIC e alto consumo Reducido, con economía agraria e baixo consumo Reducido, pero con capacidade de consumo moderado
CLASE MEDIA Moi estendida, con acceso amplo a educación e sanidade Case inexistente; minoría moi rica e o resto sen nada Crecendo, pero aínda reducida
SISTEMAS POLÍTICOS Democracias consolidadas Ditaduras na maioría dos casos Democracias recentes e as veces limitadas
PEGADA ECOLÓXICA Alta, pero con crecente preocupación medioambiental Baixa Crecente polo crecemento acelerado





4.- Explica brevemente as causas internas e externas das diferencias no desenvolvemento



Causas internas do subdesenvolvemento:
- Condicións naturais: os climas dos países subdesenvolvidos son as veces extremos ou con frecuencia de catástrofes
- Falta de recursos: sen capital, man de obra educada, tecnoloxía
- Crecemento da poboación por encima do crecemento dos recursos
- Inestabilidade política: guerras, golpes de estado, corrupción...
Non son regras ríxidas: hai países con clima extremo ricos e viceversa, por exemplo

Causas externas do subdesenvolvemento:
 - Colonización: moitos países foron dominados por décadas por grandes potencias, que limitaron o seu desenvolvemento económico por razóns egoístas
- Débeda externa: os países subdesenvolvidos necesitas pedir cartos prestados. Os custos de devolvelos impiden as inversións necesarias para mellorar a economía



5.- Sinala as diferentes rexións europeas dende un punto de vista socioeconómico, e cita rexións especialmente pouco desenvolvidas (mapa páxina 273)

Punto 5.2 e o mapa da páxina 272. Definir o Pentágono, arco alpino, arco mediterráneo. O resto son rexións menos dinámicas



6.- De acordo cos gráficos da páxina 274, explica as diferentes discriminacións que  sufre a muller

- Brecha de xénero no emprego (máis paro entre mulleres que entre homes), salario (menos cartos para as mulleres por traballar), na repartición de tarefas (as mulleres dedican moito máis tempo) e no acceso a altos cargos (moitos máis homes que mulleres)



7.- Cales son as tres comunidades máis avanzadas economicamente en España? e as tres menos avanzadas?. Razoa a túa resposta

Gráficos páxina 275. 
Máis avanzadas (menor paro, menos risco de pobreza, maior PIB): Madrid, País Vasco, Navarra. 
Menos avanzadas (maior paro, máis risco de pobreza, menor PIB):Extremadura, Andalucía, Castela-A Mancha (pode aceptarse tamén Murcia o Canarias)










viernes, 25 de mayo de 2018

Tarefas páxinas 240-254

1.- Describe moi brevemente o cambio no impacto ambiental do ser humano ó longo da historia

2.- Describe os problemas do solo e a que tipo de países afectan en maior medida

3.- Explica que é o quentamento global e por que se produce

4.- Explica que é e que consecuencias ten a deforestación

5.- Cita catro parques nacionais españois e  tres parques naturais e un monumento natural galegos

lunes, 14 de mayo de 2018

Tarefas páxinas 262-281

1.- Explica como se calcula o Indice de Desenvolvemento Humano e que mostra

2.- De acordo cos mapas das páxinas 264 e 265, cita os principais problemas de EEUU, Marrocos, Rusia, India e España

3.- Explica as diferencias nos catro aspectos fundamentais entre países de desenvolvemento alto, baixo e emerxente

4.- Explica brevemente as causas internas e externas das diferencias no desenvolvemento

5.- Sinala as diferentes rexións europeas dende un punto de vista socioeconómico, e cita rexións especialmente pouco desenvolvidas (mapa páxina 273)

6.- De acordo cos gráficos da páxina 274, explica as diferentes discriminacións que  sufre a muller

7.- Cales son as tres comunidades máis avanzadas económicamente en España? e as tres menos avanzadas?. Razoa a túa resposta

lunes, 7 de mayo de 2018

Tarefas páxinas 210-233

1.- Explica as principais características do Estado español segundo a constitución de 1978

2.- Explica cales son os diferentes poderes do Estado, en que consisten e quen os exerce

3.- Indica as diferentes divisións do territorio que teñen importancia pàra a administración local, e en que consiste cada unha delas

4.- Localiza, describe e indica os principais aproveitamentos da paisaxe agraria oceánica, mediterránea e de Canarias

5.- Localiza cinco caladoiros internacionais de barcos galegos e indica as especies que se pescan neles

6.- De acordo cos gráficos da páxina 220, xustifica se España ten autoabastecemento enerxético ou non, e explica as consecuencias

7.- Describe os diferentes tipos de sectores industriais en España

8.- Describe a distribución espacial das áreas industriais españolas

9.- Cita e localiza as sete industrias galegas que consideres máis importantes

10.- Investiga cantos aeroportos operativos existen en España na actualidade, e xustifica cantos deles non serían necesarios

11.- De acordo co mapa da páxina 231, describe a localización das áreas turísticas españolas de densidade alta e media e indica a modalidade de turismo predominante en cada unha delas

12.- Indica os diferentes tipos de turismo que existen en Galicia

13.- De acordo co gráfico da páxina 232, como se pode definir a balanza comercial galega?, en que tipos de produtos presenta un superávit e un déficit claro?

14.- Describe o sistema de transportes galego

lunes, 9 de abril de 2018

Tarefas páxinas 194 - 202

1.- Indica os países membros da Unión Europea e o seu ano de incorporación

2.- Describe brevemente as funcións das cinco institucións máis importantes da UE

3.- Describe os principais problemas da poboación activa europea

4.- Describe as tres principais áreas agrarias europeas

5.- Define PAC e PPC e explica os seus obxectivos

6.- Describe as tres principais áreas industriais europeas e indica de cada unha delas polo menos tres rexións e dúas fontes de enerxía presentes nas mesmas (mapa páxina 201)

7.- De acordo cos gráficos da páxina 202, responde as seguintes preguntas:
  • En que tipos de produtos ten a UE superávit?; e déficit?
  • Por que crees que a UE ten un déficit comercial coa CEI (Rusia), Oriente Próximo e África?
  • E por que o terá co resto de Asia?
8.- Indica os principais portos e aeroportos de Europa, e os principais países destinatarios do turismo

domingo, 8 de abril de 2018

Tarefas páxinas 182 - 187


1.- Describe os elementos do comercio

2.- Describe os factores que provocaron a revolución comercial a partir dos anos 80

3.- Indica as características dos diferentes tipos de establecementos comerciais

4.- Describe as principais áreas do comercio internacional

5.- De acordo co mapa da páxina 187, indica as 10 principais rutas comerciais e a porcentaxe do comercio mundial que representan

lunes, 12 de marzo de 2018

Tarefas páxinas 170 - 180


1.- Explica as diversas clasificacións dos servizos

2.- Explica a diferencia entre espazos relacionados e pouco relacionados

3.- Explica as vantaxes e inconvenientes dos sistemas de transporte

4.- Indica as principais modalidades turísticas e descríbeas brevemente

5.- Indica as principais áreas turísticas e os seus principais atractivos

6.- Explica os efectos das turismo nas zonas de destino

martes, 6 de marzo de 2018

Tarefas páxinas 156 - 162

1.- Describe os principais trazos da industria artesanal e moderna

2.- Describe as diferentes clasificacións das industrias actuais

3.- Describe os diferentes paisaxes industriais actuais

4.- Describe os diferentes factores de localización industrial (pax 161)

5.- Describe as diferentes áreas industriais do mundo, explicando as razóns do seu crecemento ou da falta do mesmo.

jueves, 1 de marzo de 2018

Tarefas páxinas 144 - 152


1.- Que é o sector secundario?, cales son as súas principais actividades?

2.- Que elementos require a industria?, que é cada un deles?

3.- Define minería, produción de enerxía e construción

4.- Indica cales son os diferentes tipos de materias primas industriais

5.- Onde se localiza a produción e o consumo das principais materias primas?

6.- Describe as fontes de enerxía tradicionais, os seus  principais productores e os seus principais problemas

7.- Describe as fontes de enerxía alternativas, os seus  principais productores e os seus principais problemas

viernes, 23 de febrero de 2018

Tarefas páxinas 128 - 136

1.- Nomea, localiza e describe brevemente os principais sistemas agrarios tradicionais.

2.- Nomea, localiza e describe brevemente os principais sistemas agrarios productivistas.

3.- Distingue entre gandería intensiva e extensiva e entre nómada e transhumante

4.- Describe os diferentes tipos de bosques

5.- Describe as diferentes clasificacións de sistemas de pesca

6.- Describe os principais problemas da pesca na actualidade

jueves, 8 de febrero de 2018

Tarefas páxinas 118-126


1.- Define espazo agrario e espazo rural

2.- Describe as diferentes actividades agrarias

3.- Que diferencias existen entre países avanzados e non avanzados en canto a porcentaxe de poboación dedicada a actividades agrarias?

4.- Como afectan os diferentes factores físicos á agricultura?

5.- Que diferencias hai no nivel tecnolóxico na agricultura de sociedades tradicionais e avanzadas?

6.- Que tipos de poboamento existen?

7.- Define hábitat

8.- Indica as diferentes clasificación que se poden facer das parcelas agrarias.

9.- Indica as diferentes clasificación que se poden facer dos sistemas de cultivo

10.- Explica as principais características dos dous tipos principais de agricultura

jueves, 1 de febrero de 2018

Barroco - Teoría para o parcial do 16/2/18


O arte Barroca se desenvolveu durante os séculos XVII y XVIII 

Nace en Italia y se extende por Europa: España, Francia, Inglaterra echega a América

Características: reacción fronte ó Renacemento.
  • Busca do inestable e do movemento
    1. Ornamentación recargada
    2. Ondulacións. Entrantes e saíntes
  • Dinamismo, violencia e tremendismo
  • Ruptura das normas
Etapas do Barroco:

Barroco temperán ou primitivo (1580-1630). Coincide co Manierismo
Barroco maduro ou pleno (1630-1680)
Barroco tardío (1680-1730) ou Rococó: Excesiva ornamentación en interiores

Roma, cidade barroca por excelencia

Prazas: San Pedro


Praza Navona




Fontes; Catro Ríos


Fontana di Trevi





ARQUITECTURA

Italia: Bernini – Praza de San Pedro

Baldaquino de San Pedro


San Andrés do Quirinal



Borromini:

Iglesia de San Carlo alle Quattro Fontane





Francia: Palacio de Versalles (Mansart: Salón dos Espellos)







ESCULTURA BARROCA

Escultura do movemento
Predilección polos temas e representacións que posibiliten contrastes entre luz y sombra
Novo interese pola natureza



Autores: 

Bernini:

David



Apolo e Dafne



Éxtase de Santa Teresa





Pintura Barroca:

Caravaggio: Vocación de San Mateo


Rembrandt: Ronda de noite



Rubens: Descendemento da cruz






Velázquez:



 Primeira etapa sevillana (ata 1623):

Personaxes e ambientes populares.
Realismo e naturalismo nas figuras, rostros…
Fortes contrastes lumínicos entre luces e sombras

O Aguador de Sevilla



Vella fritindo ovos



Segunda etapa. Madrid (1623-29)

Pintor da Corte; gran produción como retratista

Retrato de Felipe IV xove



Baco ou Os Borrachos




Primeira viaxe a Italia (1629-31)

Composición moito máis complexa
Naturalismo no tema mitolóxico

A fragua de Vulcano





Terceira Etapa. Madrid (1632-48)

Interese por captar os efectos atmosféricos
Pincelada máis solta, utiliza menos pasta



As Lanzas ou a Rendición de Breda


O Conde Duque de Olivares a caballo


Retratos de bufóns





Segundo viaje a Italia (1649-51)

Retratos de enorme profundidad psicológica.
Novedosa temática: paisajes.

Retrato do Papa Inocencio X



Venus do espello


Paisaxes de Villa Medici.



Cuarta Etapa. Madrid (1652-60)

É a culminación da súa arte
Ilusión de espacio e profundidade, tanto pola disposición das personaxes en diferentes planos coma, especialmente, pola alternancia de luces e sombras na estancia: capta o ambiente e a atmósfera.

As Meninas.



As fiadeiras

martes, 30 de enero de 2018

Tarefas páxinas 102-110

- Indica as principais características dos sistemas capitalista, socialista e mixto

- Explica a lei da oferta e a demanda


- Explica as dúas grandes ideoloxías dentro do capitalismo


- Enumera os principais problemas do capitalismo


- Indica as causas e promotores da globalización


- Explica a influencia da globalización na produción, distribución e consumo de bens e servizos


- Indica as tres principais areas xeoeconómicas mundiais

lunes, 22 de enero de 2018

Tarefas páxinas 94-101

- Esquema actividade económica: definición, compoñentes e sectores.

- Axentes económicos: identificalos e indica-las súas funcións (ver esquema páxina 97)

- Tipos de empresas por tamaño, titularidade e organización social.

- Factores de produción: identificalos e indicar os seus tipos

- Poboación activa, inactiva, ocupada e en paro: definir

- Problemas laborais: paro (causas) e condicións laborais (problemática)

lunes, 11 de diciembre de 2017

Quevedo vs Góngora



Soledades (Góngora)


        Era del año la estación florida         
        en que el mentido robador de Europa             
        (media luna las armas de su frente,             
        y el Sol todos los rayos de su pelo),           
        luciente honor del cielo,                       5       
        en campos de zafiro pace estrellas,             
        cuando el que ministrar podía la copa           
        a Júpiter mejor que el garzón de Ida,           
        náufrago y desdeñado, sobre ausente,            
        lagrimosas de amor dulces querellas            10       
        da al mar, que condolido,               
        fue a las ondas, fue al viento          
        el mísero gemido,               
        segundo de Arïón dulce instrumento.             
        Del siempre en la montaña opuesto pino         15       
        al enemigo Noto,                
        piadoso miembro roto,           
        breve tabla, delfín no fue pequeño              
        al inconsiderado peregrino,             
        que a una Libia de ondas su camino             20       
        fió, y su vida a un leño.               
        Del Océano pues antes sorbido,          
        y luego vomitado                
        no lejos de un escollo coronado                 
        de secos juncos, de calientes plumas,          25       
        alga todo y espumas,            
        halló hospitalidad donde halló nido             
        de Júpiter el ave.              
        Besa la arena, y de la rota nave                
        aquella parte poca                             30       
        que le expuso en la playa dio a la roca;                
        que aun se dejan las peñas              
        lisonjear de agradecidas señas.                 
        Desnudo el joven, cuanto ya el vestido          
        Océano ha bebido,                              35       
        restituir le hace a las arenas;                 
        y al Sol lo extiende luego,             
        que, lamiéndolo apenas          
        su dulce lengua de templado fuego,              
        lento lo embiste, y con süave estilo           40       
        la menor onda chupa al menor hilo




Poemas satíricos de Quevedo contra Góngora



Aguja de navegar cultos con la receta para hacer "Soledades" en un día, y es probada.

Quien quisiere ser Góngora en un día
la jeri (aprenderá) gonza siguiente:
fulgores, arrogar, joven, presiente,
candor, construye, métrica, armonía;

poco, mucho, si, no, purpuracía,
neutralidad, conculca, erige, mente,
pulsa, ostenta, librar, adolescente,
señas, traslada, pira, frustra, harpía.

Cede, impide, cisuras, petulante,
palestra, liba, meta, argento, alterna,
si bien, disuelve, émulo, canoro.

Use mucho de líquido y de errante,
su poco de nocturno y de caverna,
anden listos livor, adunco y poro;

que ya toda Castilla con sola esta cartilla
se abrasa de poetas babilones,
escribiendo sonetos confusiones;
y en la Mancha pastores y gañanes,
atestadas de ajos las barrigas,
hacen ya soledades como migas.

==========


Yo te untaré mis obras con tocino

porque no me las muerdas, Gongorilla,
perro de los ingenios de Castilla,
docto en pullas, cual mozo de camino;

apenas hombre, sacerdote indino,
que aprendiste sin cristus la cartilla;
chocarrero de Córdoba y Sevilla,
y en la Corte bufón a lo divino.

¿Por qué censuras tú la lengua griega
siendo sólo rabí de la judía,
cosa que tu nariz aun no lo niega?

No escribas versos más, por vida mía;
aunque aquesto de escribas se te pega,
por tener de sayón la rebeldía.



A una nariz


Érase un hombre a una nariz pegado,
érase una nariz superlativa,
érase una nariz sayón y escriba,
érase un peje espada muy barbado.

Era un reloj de sol mal encarado,
érase una alquitara pensativa,
érase un elefante boca arriba,
era Ovidio Nasón más narizado.

Érase un espolón de una galera,
érase una pirámide de Egipto,
las doce Tribus de narices era.

Érase un naricísimo infinito,
muchísimo nariz, nariz tan fiera
que en la cara de Anás fuera delito






 




Poema de Góngora contra Quevedo



Anacreonte español, no hay quien os tope,
Que no diga con mucha cortesía,
Que ya que vuestros pies son de elegía,
Que vuestras suavidades son de arrope.

¿No imitaréis al terenciano Lope,
Que al de Belerofonte cada día
Sobre zuecos de cómica poesía
Se calza espuelas, y le da un galope?

Con cuidado especial vuestros antojos
Dicen que quieren traducir al griego,
No habiéndolo mirado vuestros ojos.

Prestádselos un rato a mi ojo ciego,
Porque a luz saque ciertos versos flojos,
Y entenderéis cualquier gregüesco luego.